25.5.09

Presentación

Neste mes de maio dedicado ás Letras Galegas, poñemos en marcha no C.P.I. Dr. López Suárez de Friol o blog da Biblioteca Escolar coa esperanza de que esta ferramenta permita e facilite o acceso ao marabilloso, e ás veces esquecido, mundo da lectura.

Como ben reza o título do blog, un libro por descubrir é unha aventura por percorrer, cos seus riscos, coas incertezas producidas por algo novidoso, pero cun final que case sempre deixa un bo sabor e é a antesala a unha aventura nova que xere a mesma incerteza controlada.

Permitamos voar á nosa imaxinación e déixemoslle chegar aos lugares máis inimaxinables por medio das letras.

Boa viaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas