Hoxe en 1º de E.S.O. rematamos as lecturas de clase deste curso. Queda unha actividade por facer, pero as lecturas están rematadas. Pero non é disto do que vou escribir aquí. Unha actividade máis, un curso máis,...
O que vou contar é outra historia.
Quedaban tres capítulos breves por ler entre todos. Con eles remataba a historia que nos tivo entretidos - creo que á maioría- ao longo do trimestre. Hoxe coñecimos o desenlace dun relato cheo de malos entendidos e de situacións chocantes.
Algúns alumnos preguntaron se había segunda parte!... se a historia continuaba !. Se o autor tiña máis libros !
Para que despois escoitemos por aí que aos alumnos non lles gusta a lectura...
Pois non. Non hai segunda parte pero o autor ten unha chea de historias máis, mesmo ten unha páxina que podedes visitar, e ler algunha cousa das que acaba de publicar, se premedes aquí iredes directamente á súa web.
Se alguén quere ler algo concreto e non o temos na Biblioteca xa sabedes con quen debedes falar e tentaremos solucionar o problema.
Xa se vos dixo tamén que andamos tentando adaptar unha das súas últimas obras. Cando o teñamos feito xa avisaremos.
De momento deixamos a foto de Jordi Sierra i Fabra e a portada dun dos seus libros máis divertidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario