27.6.09

Letras Galegas 2.010 : Uxío Novoneyra

Na sesión de onte a Real Academia Galega acordou dedicarlle o "Día das Letras Galegas" do ano 2.010, ao poeta Uxío Novoneyra.
Nacido no Courel no ano 1930, aquí botou grande parte da súa vida, iso si, sen perder o contacto con Lugo dende que chegara a esta cidade para estudar o bacharelato.
Foi en Lugo onde coñeceu a Fole, Piñeiro, Manuel María e o noso Celestino Fernández de la Vega, homes máis vellos ca el pero cos que conectou axiña.
Nos anos oitenta marcha a vivir a Santiago de Compostela onde morrerá no 1.999, non sen antes presidir a Asociación de Escritores Galegos.
Desde aquí congratulámonos da elección deste nome para as Letras Galegas do 2.010, xa non só pola súa calidade literaria- que é obvia- senón pola súa bonhomía e sinxeleza vital.
A fotografía pertence á páxina www.uxionovoneyra.com que promoveu a súa candidatura a ser o autor das letras galegas 2.010

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas