8.2.10

O Entroido 2010 (2)

Hoxe luns, todos os que quixeron ( non moito a verdade) viñero con gravata, pucho e un lunar vermello na meixela esquerda segundo mandan as normas establecidas para este ano.
Aquí deixamos algunha foto de alumnos de ESO, de Primaria e dalgunha profesora animada e exemplificante.

Como estamos no Entroido
e escoitanse moitas cousas. 
Diremos que o de "olvidarme"
sei que lles funciona a moitas.

Porque se dis esquecer!...
Cando o conxugan os nenos
os profes alporizados
ai Deus como nos poñemos!.

Esperamos que mañá
as normas sexan cumpridas
e non veñan onda min
quixen ai! pero esquecinas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas