Aínda que, para algúns ( e tristemente algunhas) xa é un tema superado, que a loita feminista é algo fóra da realidade...; a realidade precisamente, deixa constancia, tódolos días e a tódalas horas da minusvalorización do papel da muller na sociedade. É certo que se deron grandes avances con respecto á situación de hai anos, pero aínda queda un longo traxecto que percorrer.
Neste traxecto, non estaría demais que o mundo feminino asumise plenamente as conquistas acadadas e fose consciente do camiño que falta por andar. E facemos fincapé no feminino, por ser o sector que debería estar máis interesado nesta loita. Non por iso desbotamos a participación do home como elemento activo na defensa duns dereitos que ata que non sexamos quen de acadalos (como se di nas "Damas do Narla",obra de teatro que estamos preparando no centro) non poderemos falar dunha sociedade democrática plena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario