Na deste venres falará o xuíz da Fonsagrada , Luís Villares Naveira e versará sobre "O galego e as leis", interesente e suxerente título , nos tempos convulsos que para a nosa lingua corren.
Luís Villares é tamén o coordinador territorial de "Xuíces para a Democracia" e é un dos xuristas que elaboraron a "Análise xurídica crítica das Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galiza". Un home comprometido coa lingua.
O segundo conferenciante, na fotografía da dereita, é John Thompson, profesor da Universidade de Montana (U.S.A.), autor de diferentes traballos de investigación entre os que destacan "The Civil War in Galiza", e "As novelas da memoria. Trauma e representación da Historia na Galicia contemporánea".
Dous conferenciantes de luxo para unha celebración non menos luxosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario