5.5.10

As ganadoras do Quen le que?

Sara Martín de 4º e María José Lamas de 3º resultaron ser as vencedoras do Concurso Quen le que?. Ámbalas dúas lograron sete acertos. Só outros poucos acadaron os 6 acertos mínimos que se esixían para poder obtar ao premio, foron:Nuria Vázquez de 2º, Laura García e Roberto Amil de 3º, e Mª Alicia Penelas de 4º. Estes resultados foron brillantes e felicitamos a estes alumnos e alumnas que demostraron fino olfacto. No apartado dos profesores ganou por ampla diferenza Blanca Castro , a profesora de Xeografía e Historia que demostrando a súa gran capacidade olfactiva e concatenadora deu chegado aos 10 acertos, deixándonos lonxe ao resto dos compañeiros. 
Felicidades e parabens para todas.      

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas