Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

22.6.10

Graduación dos alumnos de 4º de E.S.O.

Hoxe celebrouse a festa de Graduación da promoción que este ano remata 4º de E.S.O.
Só sumarnos á festa e aproveitar o vídeo que montaron e que recolle algún, dos diferentes momentos do seu paso polo centro.
Felicitalos por ter cumprida unha etapa no seu proceso formativo e esperar que sigan acadando novas metas.
Que os vosos soños se convirtan en realidade é un desexo da Comunidade Educativa, sabedora de que o seu futuro estará ,en breve, nas vosas mans.
Que todos os que saídes do centro este curso, sexades capaces de loitar por un mundo onde a solidariedade, o respecto e a xustiza sexan algo máis que palabras.
Moitas felicidades.



A montaxe do vídeo é obra da alumna Marta Blanco Pardo que deste xeito remata a súa andaina polo Centro. 

3 comentarios:

  1. Anónimo24/6/10 1:25

    Que bonito... isto tráenos recordos ós que xa fai anos tamén saímos do centro. Esperemos que sexa cal sexa o camiño que escollan ou lles toque recorrer a estes rapaces lles permita dun modo ou outro acadar grandes metas para eles.
    Moita sorte

    ResponderEliminar
  2. Precioso video el que habeis dedicado a vuestros alumnos y alumnas . Es cierto , los vemos crecer y de repente se hacen mayores . Seguro que este video lo guardarán como recuerdo .

    Ánimo que el curso que viene llegarán otros maravillosos " Locos Bajitos " y volveremos a empezar.

    Un abrazo

    Mª José

    ResponderEliminar
  3. Parabéns ao remate desta etapa. Moi boa sorte no camiño que estades a comezar.
    Mimade a vosa creatividade, imaxinación, sensibilidade...Pasádeo ben.
    Teresa

    ResponderEliminar

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas