A Garda Civil alerta ao alumnado do Centro sobre os riscos da Internet
Dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar, e baixo o titulo "Riscos de Internet", a Garda Civil de Lugo impartiu unha charla ao alumnado de Secundaria no Centro Sociocultural de Friol o pasado 8 de maio.O foco da intervención centrouse nos tres riscos máis graves: sexting, ciberbullyng e grooming.
Esta conferencia puxo o remate a outras que se levaron a cabo anteriormente na Bliblioteca do Centro por parte de persoal de Movistar, nas que, baixo o mesmo título, se lle informou ao alumnado de Secundaria e 2º e 3º Ciclo de Primaria dalgunhas precaucións e hábitos que fan o uso de Internet máis seguro.
(actividades.friol)
No hay comentarios:
Publicar un comentario