16.6.13

Actividade interdisciplinar: a serpe

Desde o equipo de biblioteca, impulsouse unha actividade interdisciplinar ó redor dun animal mítico na cultura de Friol: a serpe. Cada departamento, ciclo ou etapa quedou encargado de deseñar unha actividade relacionada con este animal, co obxectivo de ser estudado dende múltiples perspectivas: lendas no mundo, lendas en Galiza, creacións literarias ó redor da serpe, a serpe na historia da arte, a serpe nas ciencias, a serpe na mitoloxía, a serpe como deseño (ourivería, artes plásticas), a serpe e a motricidade... Os traballos expuxéronse nos corredores do centro. Desde o equipo de biblioteca, damos as gracias pola colaboración de todo o persoal docente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas