29.10.13

O libro máis raro do mundo

Publicado en 1981, o Codex Seraphinianus foi calificado desde moitas fontes coma o libro máis raro do mundo, e por iso, fascinante. Hoxe chega ás librarías unha nova edición dun libro baseado na libre imaxinación, no que se describen seres ou máquinas imposibles. O seu autor, Luigi Serafini, deseña un libro increíble que non é para ler, é para ver, e polo visto, transmite a mesma emoción que experimentan as nenas e os nenos que aínda non saben ler, ante un libro. O propio autor di que o Codex é unha emoción infantil, e que é un intento en converter a todos e todas en analfabetos e analfabetas (ver aquí a entrevista ó autor).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas