26.11.13

Intelixencia emocional

                   

Non é fácil de definir, pois leva implícitos múltiples matices que explican a nosa relación coa xente, e que determina o noso nivel de benestar no mundo como seres sociais que somos. Referímonos á capacidade que temos de entender, traballar e seleccionar emocións propias e dos demáis para xerar resultados positivos. É dicir, é a habilidade para xestionar emocións propias e alleas e que permiten que os demáis se sintan a gusto con nós e nós cos demáis. Comprender as emocións e equilibralas permite guiar a nosa conducta e procesos de pensamento para obter mellores resultados para ser felices. Permítenos expresar emocións de forma sa e satisfactoria, e facilita a toma de decisións.
Sendo como é tan importante nas nosas vidas, chama a atención que non estea reglada nas institucións educativas, e se ben se traballa de forma transversal, segue sen ter peso curricular. Un artigo publicado hai dous días na Voz de Galicia, fai fincapé neste tema, e recolle unha iniciativa da Anpa de Vigo para que, polo menos, se aborde en actividades extraescolares (e que nos debería facer reflexionar sobre como a sociedade vai máis rápido que o sistema educativo no que a detectar necesidades reais se refire, empeñado agora e dar marchas atrás e priorizar a formación da competitividade por riba da humanidade).
Nesta páxina ofrecemos recursos relacionados co traballo da intelixencia emocional.

1 comentario:

  1. Pois nada, pasaba x aquí e a primeira "paraemoción" que me ben á mente é diciros ola! Para ser un centro escolar (espero que lonxe da moda coachinanga), resulta refrescante...

    ResponderEliminar

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas