E engadimos, que non só foi divertida, senon tamén relaxante, e da que sacamos extraordinarias conclusións: por moi mal que escribas, con técnica descobres que levas un artista dentro. O que parecía un reto de potenciar a autoestima para algún ou algunha que disimulábamos con iso de "ter letra de médico", conseguíuse de forma rotunda, e nunha experiencia na que alumnado e profesorado de Friol, compartimos o feito de ser conxuntamente alumnado (e que habería que repetir con outras actividades). Tal descobrimento foi posible grazas a un profesor de luxo, invitado polo noso centro desde unha actividade programada desde a biblioteca. Referímonos ó profesor Jesús M. Juaristi, experto e recoñecido calígrafo, con ampla experiencia no mundo do deseño gráfico e na ilustración, e que na actualidade exerce como profesor de Plástica no CPI Virxe do Monte de Cospeito.
Neste divertido obradoiro da letra (a letra sen ansiedade), tratáronse os aspectos básicos para iniciarse nesta arte: a construción da letra, o manexo da pluma-fonte caligráfica, e o achegamento aos distintos modelos de alfabeto. Baixo as directrices de Juaristi, realizamos as nosas propias producións, apreciamos esta técnica tan pouco divulgada e, sobre todo, disfrutamos coa experiencia de escribir sen finalidade utilitaria, senon só polo pracer estético, pois, a fin de contas, a caligrafía é a bela escritura. Coma todas as artes, a caligrafía ten tamén unha utilidade terapéutica no mundo tolo no que estamos: aprender a poñer freo e ir a modo, disfrutando polo camiño.
Ola, fai uns cursos que estiven na vosa biblioteca e polas imaxes que vexo agora no blog, renovástedela totalmente! Noraboa polo voso traballo e polas obradoiros tan interesantes que facedes!
ResponderEliminarMaría.Ceip de Cervo.