Como primeira novidade neste curso a biblioteca vaise
converter cada quince días nun espazo para o canto. Así que, se estades
dispostos a pasalo ben, non vos podedes perder as sesións dos luns pola tarde
para a ESO e os mércores pola mañá para Primaria. Aínda que case todos tedes as
cordas vocais ben afinadas non estaría mal preparar un pouquiño o tema a
cantar. Para iso proporcionaremos neste blog un vídeo da canción e a súa letra
con tempo suficiente para ensaiala. Tamén podedes picar nos enlaces que inserimos
nas letras  e coñecer algunhas cousas de
interese.
y trabajar de camarero 
lejos lejos de mi hogar
me invade la morriña
el dolor de Breogán 
cuando suena la muiñeira 
el llanto empieza a brotar 
Miña terra galega 
donde el cielo es siempre gris 
miña terra galega 
es duro estar lejos de ti 
Donde se quejan los pinos 
y se escuchan alalás 
donde la lluvia es arte 
y Dios se echó a descansar 
las zanfoñas de Ortigueira 
los kafkianos del Jaján 
la Liga Armada Galega 
y el pazo de Meirás 
Miña terra galega 
donde el cielo es siempre gris 
miña terra galega 
es duro estar lejos de ti 
Ánimo, apréndete esta letra tan sinxela ( o tráete a chuleta) e ven a pasar un bo rato. Esperámoste.   

gustoume moito a actividade!
ResponderEliminarEsta actividade como moitas outras pareceme moi divertida e entretida. As curtas? As miñas favoritas sen dúbida. E as risas que botamos no "canta e non chores"? Que ben o pasamos! Penso que a biblioteca experimentou un cambio moi grande, xa que pasou de ser un simple recuncho de lectura a ser unha biblioteca na que se fan diferentes actividades nas cales aprendemos pero sobre todo nos divertimos. Podemos dicir que somos uns privilexiados ao poder gozar de todo o que facedes o equipo de biblioteca. Darvos as grazas por todo o voso enorme esforzo por crear uns recreos mais entretidos. E dicirlle a todos e todas que acudades a biblioteca para poder ver as curtas e realizar as distintas actividades. Aproveito a ocasión para mandarlle un bico e unha aperta a todo o equipo de biblioteca, para agradecerlles o seu traballo e todo o que fan por nos e para dicirlles que sigan así, e que contan co meu apoio para o que necesiten!!
ResponderEliminar(aínda que poña anónimo: María F. 3º E.S.O)
Moitas gracias, María. Anima moito a seguir.
ResponderEliminar