3.10.14

Alumnado colaborador da biblioteca para este curso



Lembramos que a vosa participación na biblioteca nos enriquece. Despois do éxito do curso pasado, esperamos que no presente a vosa presencia non decaia. Tedes ata o día 10 de outubro para anotarvos como voluntarias e voluntarios. O voso traballo consistirá en xestionar fondos (préstamos e organización de volumes) e velar por unha boa convivencia na biblioteca para que esta sexa un espazo agradable e útil. Só tedes que adicar un recreo á semana, que vos servirá para entender o funcionamento da biblioteca por dentro e o criterio de colocación de volumes.
Se alguén ten interese, comunicádeo ó voso titor ou titora. Esperamos vervos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas