Comeza unha nova andaina das Mochilas Viaxeiras. Irán
chegando ás casas onde poderán permanecer
dúas semanas , tempo suficiente para gozar en familia de variadas lecturas. O ánimo das
mochilas é fomentar o hábito lector en idades temperás e resaltar a importancia
que ten a familia para lograr este obxectivo. Nas Mochilas pódese atopar narrativa en varias linguas , libro de
manualidades, libro para as familias , Cd de música, libro de curiosidades, un
mapa do concello para seguir o seu percorrido e unha carpeta onde as nenas e nenos, nais e pais poden
expresar as súas opinións sobre o contido e tamén propor algunha
suxestión. Desde a biblioteca animámosvos a utilizar as Mochilas tal como xa fixestes
o ano pasado e gozar de momentos de lectura interesante, divertida e amena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario