Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

25.11.14

Samaín III

Faltaba por publicar a cantidade de actividades que encheron a biblioteca na semana do Samaín. O alumnado traballou a reo para deixar o espazo ben terrorífico; crearon  pantasmas, cabazas, vampiros, banderíns de medo, unha entrada ós infernos e máscaras dos gardiáns do averno. As curtas que se proxectaron foron de medo e no “canta e non chores” cantouse Noite de trebón. Ademais, as compañeiras Andrea e Melani metéronse  no papel  de bruxas para o recital de poesías monstruosas Brujas de Gloria Sánchez e na obra de teatro Voy a comedte. Parabens a tod@s polo gran traballo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas