Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

20.1.15

Préstamos de e-books na biblioteca

Desde a semana que ven a biblioteca comezará o servizo de préstamo de sete lectores dixitais, tres para o 3º ciclo de primaria e catro para a ESO. Aquí abaixo deixamos as características principais dos e-readers, normas e responsabilidades, e as funcións básicas; nada do outro mundo pero moi recomendábeis antes de solicitar o empréstito. Ademais, antes de levar o aparello tedes que traer a acta de entrega debidamente asinada. Para calquera dúbida podedes preguntar ós membros de biblioteca ou colaboradores. Neste momentos os lectores conteñen dez libros para Primaria e vinte e tres  para Secundaria e desexamos que o número vaia medrando  incluíndo  máis libros interesantes e do voso gusto. Para ver os título e sinopse dos libros habilitamos unha pestana na barra superior do blog chamada E-BOOKS, onde están etiquetados por materias, ciclos e linguas. Alí podedes ler de que van e … moi importante!     deixar  comentarios e suxestións que nos axuden a adquirir novos exemplares de forma máis axeitada. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas