8.4.15

O club de lectura agarda a visita de Sabela Núñez Singala





Cumprido un trimestre desde a creación do club de lectura temos que salientar o entusiasmo co que as alumnas e alumnos de 1º da ESO e 6º de Primaria, integrantes todos, acolleron esta actividade. Tamén mencionar a boa elección do libro a tratar: “O agasallo de Anya” da autora Sabela Núñez Singala, obra que nace dunha experiencia persoal chea de valentía e xenerosidade, de lectura emotiva e contido positivo desde o principio ata oº fin e que deu moito xogo nos debates desenvoltos na biblioteca. Lido o libro, compartidas as impresións e feito o traballo de investigación sobre o país de  unha das protagonistas, Ucraína, todo parecía rematado. Máis non é así, quédanos unha sorpresa, un novo agasallo da autora. Sabela estará entre nós en breve. Agardámola.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas