Levamos un trimestre ofrecendo un obradoiro de
xadrez para todo o alumnado do centro e semana a semana reunímonos nun par de
sesións para aprender, avanzar neste apaixonante deporte e descubrir que
ningunha partida e igual a outra. Polo de agora son dezaoito as alumnas e
alumnos que asisten ao obradoiro esperando que se lles sumen máis no futuro.
Ánimo!

Aproveitamos para recordar que na biblioteca
temos dispoñibles unha serie de libros sobre o tema para distintos niveis e que
vos poden axudar a avanzar máis axiña.
Nun artigo publicado en La Voz de Galicia fai
uns días Celso Currás destaca os
beneficios da súa práctica ;
Son varias as capacidades do alumno que se benefician coa práctica do xadrez: razoamento lóxico-matemático, memoria, imaxinación, orientación espacial e incluso a maduración da lectoescritura. Por iso é recomendable que os nenos aprendan a xogar xa nos primeiros anos do ensino primario.
Se queredes ler todo o artigo, aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario