Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

14.12.15

Novos e´books

Desde esta semana podedes levar os E-books con novos libros  incluídos.
Completouse a colección de Diario de Greg, dez volumes onde o rapaz  tenta sobrevivir na escola no difícil paso de primaria a secundaría.




Para @s seguidor@s do Club de los incomprendidos adquiriuse o libro co título Conociendo a Raúl que pecha esta triloxía.
E terminamos as novas incorporacións cunha suxestión pola vosa parte. Trátase de Curdy y la cámara de los lores, unha historia ambientada no século XII onde un adolescente ten que deixar a súa iniciación na alquimia para investigar un terrible suceso ocorrido na abadía de Westminster.
É unha boa oportunidade para levar os e-book e pasar bos ratos neste Nadal.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas