O pasado día 4 de febreiro tivemos a gran
sorte de recibir á recoñecida escritora Yolanda Castaño na nosa biblioteca para
nos ofrecer un obradoiro de poesía dirixido aos cursos desde 3º a 6º de
Primaria. As alumnas e alumnos fixeron previamente un traballo de documentación
sobre os animais que aparecen no seu libro Coller
as rendas e así entrar en
profundidade na arte da rima e a metáfora. Despois de explicar dunha forma amena
e fluída as distintas personificacións
dos animais atopados no libro pasou a expoñer os conceptos básicos da poesía.
Por último centrouse na construción da
metáfora dando como resultado a creación dun poema colectivo que a continuación
compartimos con tod@s vos.
O sol é a nosa vida
o sol é un rubí moi brillante
o sol é unha bola chea de aventuras
o sol reluce como un diamante
O sol viaxa por toda a terra
o sol é unha cámara ardente
o sol é un libro profundo
o sol é un melón quente
O sol é unha mandarina enorme
o sol é a luz da alma
o sol é unha cara sorrinte
o sol é unha lámpada que nunca se apaga
A rapazada mostrou interese; a atención e entusiasmo foi evidente Por isto queremos seguir a aposta iniciada o ano pasado en torno á poesía onde a participación foi de todo o centro e que tentaremos darlle continuidade. A poesía gusta e…moito!
Grazas Yolanda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario