Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

11.3.16

Xogo-Fobias

                                

Que as sensacións e sentimentos son de longo percorrido está claro, e senón, unha mostra: no Samaín intentamos gozar do medo e tamén esconxuralo, o que non é incompatible como ben se demostrou.
Os que andamos por Secundaria tivemos a oportunidade de escribir os  nosos medos nuns paneis situados no corredor e queimalos nesa celebración, e ademais aproveitamos para entrar no curioso  e moitas veces alucinante mundo das fobias. Que alguén pode padecer HEXAKOSIOIHEXEKONTAHEXAFOBIA?,pois si; e que pena se padeces FILEMAFOBIA… !!!

Dos medos que fomos quen de confesar e outros, o alumnado de 4º buscou as palabras técnicas que designan esas fobias, e con elas elaboraron un xogo de relación co seu significado. 3º da ESO colaborou escribíndoas nun paneis e,  unha tarde pasaron os distintos cursos a realizar a actividade. Ademais da lóxica e o razoamento puideron consultar dicionarios de latín.

E puidemos constatar que en realidade os rapaces son ben espelidos porque o número de acertos foi ben significativo.
                                             


E como temos fobia ao adeus; ata pronto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas