Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

31.5.16

2ª edición de "Cóntame un conto"


Enfrontarse a unha cámara non sempre é sinxelo, nada máis poñerse diante sufrimos todo tipo de reaccións: acelérase o pulso, as mans arrefríanse, póñense húmidas e cobran vida propia para tentar explorar o espazo ao noso redor , entrecortásenos a voz... Ademais o noso diálogo interno inclínase a favor do negativo, comezamos a pensar que todo vai ir mal e non podemos saír dun bucle de mal “rollo“. Un bo exercicio para superar este pánico escénico é mirar á cara ao “obxectivo” e pensar que é un amigo con quen vas compartir algo interesante. Se lle sumamos preparación e un pouco de práctica lograremos converter unha experiencia que sentiamos arrepiante nun feito normal, podendo chegar a ser excitante.
Por isto, desde a biblioteca  queremos promover a 2ª edición de “Cóntame un conto” e que este tipo de actividades sexan habituais desde idades temperáns.

Comezamos  con 6º de Primaria. Parabéns a tod@s.


                             

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas