Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

7.6.16

Manuel María

                   

MANUEL MARÍA: UNHA FOLLA QUE SALAIA...

Este ano o autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas é Manuel María, o noso veciño de Outeiro de Rei, o cantor da Terra Chá. E ao mellor froito desta cercanía, "un labrego con algo de poeta",  é que a súa poesía a sintamos  tamén  como propia.
Ao longo do mes de maio realizáronse diversas actividades entre as que cabe destacar a representación teatral do grupo de centro adaptada e dirixida polo noso comapeñeiro José María Carricoba. E como ano tras ano nos ten acostamados resultou un rotundo éxito. Os nosos parabéns! Para máis información este enlace. Por outro lado, o alumnado de 4º da Eso colaborou no libro Manuel María: libro colectivo de homenaxe, editado pola Deputación de Lugo. Parabéns tamén!
Pola nosa parte con  estas pequenas pezas audiovisuais quixemos aportar un  gran de area á homenaxe colectiva da que está sendo obxecto.

E pensamos que nada mellor que os nosos rapaces e rapazas reciten a visión que de si mesmo dá no seu poema "Carné de identidade"



                          

   
A nosa ousadía levounos a desexar emulalo e elaboramos metáforas nas que, como el fixo,  nos puidésemos ver reflectidos.




           

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas