8.11.16

Samaín III




Aquí podemos ver unha panorámica da exposición realizada no corredor de secundaria en torno ao Samaín.Trátase dun conxunto de traballos feitos polo alumnado de Secundaria desde distintos departamentos e que  o día 4 de novembro compartimos. Foi o propio alumnado quen explicou o resultado das súas indagacións e creacións.













               Comezaron cun traballo sobre a pena de morte e as actuais formas de aplicala




Nesta imaxe podemos ver a Oxidosiños sufrindo as distintas penas capitais. Traballo realizado por 4º da Eso desde Valores Éticos.






  
 A continuación puidemos escoitar  a explicación de como se levaron a cabo os  traballos realizados polo alumnado de 4º da Eso sobre distintos cemiterios con "encanto" da nosa comunidade, e mesmo doutros países que tiveron e teñen relación coa nosa xente. Os alumnos e alumnas  resultaron ser uns magnífic@s vendedores da inmobiliaria "Acabóuseche o tempo" ofertando  os nichos e panteóns de distintos camposantos, para o que salientaron as vantaxes que cada un deles ofrecía e animaron ao auditorio a que realizara a súa inversión. 
 



Tamén saíron á luz os medos de todo o alumnado de Secundaria


O alumnado de 4º ofreceu as fotografías estenopeicas que realizaron semanas anteriores e explicaron o proceso que permite obter imaxes cunha tecnoloxía tan rudimentaria.




Conxuro realizado por 1º da Eso


Peza audiovisual onde se exemplifica a importancia da banda sonora no cine e en concreto nas películas de terror e suspense, feito en Tics por 4º da Eso



Desde Tecnolóxia alumnas de 4º explicáronnos a práctica da trepanación e os instrumentos utilizados para levala a cabo.




Nesta imaxe podemos ver un estudo feito por 1º da Eso sobre as cabazas  cultivadas nos seus propios hortos.

  
Tradicións con gran arraigo en distintos pobos de Galicia, traballo de 3º, tamén desde Galego...



Desde o departamento de Francés o alumnado de 1º, 3º e 4º ofreceunos desde sopas de letras con termos alusivos á temática ata caligramas; tamén poemas e cancións na mesma onda.



Por último tivemos a oportunidade de botarlle un ollo a diversas caveiras, algunhas ben recoñecidas, outras non tanto, e informámonos da súa orixe e función.



Cremos que este tipo de actividades multidisciplinares enriquecen moito ao alumnado posto que os enfronta ao reto de realizar unha exposición pública e isto redunda favorablemente na súa  formación e seguridade en si mesmos. Parabéns a todas e todos!
Deixámosvos esta imaxe onde ben se ve que ao final isto era unha festa.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas