Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

6.12.16

Novidades para os fondos


Entre as novidades da semana pasada podemos destacar os últimos dez tomos de Bakuman e así completar a coleción.



E dos mesmos autores, Tsuqumi Oba e Takeshi Obata, dispoñedes a obra completa titulada Death Note nunha bonita edición.


O terceiro manga que propoñemos é Capitan Harlock, obra cuxo final Leiji Matsumoto deixaría aberto  e que anos máis tarde cerraríase cun anime.


E aquí o anime do director Shinji Aramaki, tamén a vosa disposición.



Continuamos ca saga Percy Jackson de Rick Riordan, onde asistiremos a multiples aventuras e adentrarémonos no mundo da mitoloxía. 


E para @s seguidor@ de Harry Potter, xa está entre nós o último volume  firmado por J. K. Rowling, John Tiffany y Jack Thorne.



Tamén para @s seguidor@s da saga Cazadores de sombras hai novidades.


E para rematar esta entrada ofrecemos a última escolma das viñetas de Luis Davila onde poderemos gozar da máis xenuína retranca galega. Para seguir a súa obra día a día podedes visitar O bichero

.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas