16.3.17

Charla sobre a prensa

O luns, día 13 o noso compañeiro Sergio López  ofreceu ao alumnado da  ESO un percorrido pola historia da prensa, tanto nacional como internacional,  desde o nacemento da imprenta, a súa expansión por Europa ata chegar ás primeiras  publicacións periódicas dos xornais. Resaltou a importante evolución na diagramación e maquetaxe  e a  revolución que supuxo a incorporación da fotografía nas súas páxinas ata chegar aos nosos días.  Nunha charla, tan instrutiva  como amena preparou ao alumnado para enfrontarse á realización dun xornal, tanto na parte dos contidos como na visual: as seis preguntas fundamentais que todo profesional do xornalismo debe responder con obxectividade, os distintos xéneros (crónica, noticia, entrevista… ), a importancia da tipografía e a súa elección,  a xerarquización das noticias e as distintas seccións que  compoñen a publicación e os elementos do que toda páxina debe constar.





Con formación periodística e experiencia laboral en varios xornais galegos, Sergio iniciou o que é a primeira parte dun proxecto que o centro se trae entre mans: crear o noso propio xornal. Ademais ofreceuse a prestarnos a súa  colección de xornais para organizar unha exposición. Desde aquí parabéns polo teu traballo e grazas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas