7.6.17

CLUB DE LECTURA








É unha pena, pero parece claro que os seres humanos non  conseguimos aprender dos nosos erros e construír  conxuntamente un mundo no que non se volvan a repetir as mesmas miserias.
Isto parece desprenderse das obras lidas no noso Club de Lectura no segundo e terceiro trimestre.
Corredores de sombra de Agustín Fernández  Paz,  trata da “memoria histórica”, e de como a Guerra Civil española deixou vítimas esquecidas e vencedores impunes. Tamén como a clase social nos comprimen en costuras tan ríxidas que moitas veces impide o noso crecemento persoal como  individuo libre.
Por outra banda,  Irmán do vento  de M. Lourenzo González, transpórtanos  á guerra de Iraq.  Coñecemos ao seu protagonista principal:  “Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo”, quen narra en primeira persoa e estilo epistolar como os seus soños e aspiracións desaparecen dun xeito drástico e traumático  a causa deste conflito bélico. Ao final da historia, o adolescente de 16 anos reafírmase na súa bondade natural para cos bondadosos, pero súmase a loita contra aqueles que pretenden destruír o modo de vida do seu pobo e arrebatarlles a dignidade.

Pero como non podía ser doutro xeito estas lecturas deixan unha porta aberta á esperanza, representada por personaxes que nos fan crer no ser humano, porque saben ver por baixo das aparencias, son quen de poñerse no lugar do outro por moi distinto que este sexa e, en fin, respectan ao ser humano e as circunstancias que o rodean.


Oxalá sempre elixamos ben o lado en que situarnos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas