21.11.17

Samaín II



Como xa adiantamos noutra entrada, quedounos por publicar a exposición que o alumnado de secundaría fixo con motivo da conmemoración do Samn. Foron moitos os departamentos que animaron ao alumnado a investigar sobre o tema, ademais de motivalos na súa exposición pública. Resultou un traballo ben curioso. Imos a botarlle unha ollada.




Desde o Departamento de Historia o alumnado ofreceunos diversas formas, un pouco curiosas e ás veces absurdas, nas que algunhas celebridades se atoparon coa morte.




Desde Francés chegáronnos multitude de supersticións relativas ao tema.




O alumnado de 1º da Eso, con so un par de meses a voltas co francés atreveuse a cantar un poema.


 Tamén puidemos ver algúns exemplos de músicos que morreron facendo o que máis lle gustaba; actuar!



O alumnado de Bioloxía fixo unha investigación sobre os animais que desde a nosa cultura foron inxustamente demonizados. Acompañaban as máscaras que eles mesmos fixeron en Plástica.




Outras máscaras pululaban por alí! Neste caso, máscaras contemporáneas do mundo do cómic e do cine. Soubemos das súas vidas por el@s mesmos.






O Departamento de Galego invitou ao seu alumnado a facer diferentes investigacións. Un curso centrou o traballo na simboloxía da cor en distintas culturas e dalgúns elementos moi presentes; verdadeiras iconas asociadas á morte.






Outro curso tratou as tradicións en diferentes países do mundo e como viven o seu propio día de defuntos. 




O Departamento de Inglés ofreceunos a narración e traducción simultánea  da lenda  irlandesa de Stingy Jack. 




Pois isto foi o acontecido no corredor de secundaria. Parabéns ao profesorado implicado e a todo o alumnado. Fixérono moi ben.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas