12.3.18

Xogo de pistas



Como en anos anteriores o equipo de biblioteca organizou un xogo de pistas co obxectivo de seguir coa formación de usuarios. Fixéronse grupos reducidos nos diferentes grupos da Eso e despois dunha breve explicación, tanto da disposición dos fondos segundo a CDU como das bases do propio xogo, o alumnado adoptou o papel de curioso detective na procura dos libros que lles proporcionarían a resposta e unha nova pista para continuar. Tiveron que consultar atlas, cómics, ciencias, mitoloxías, etc, abranguendo así á totalidade dos distintos ámbitos e manexando certos exemplares, habitualmente, invisibles para el@s. Como novidade, entregóuselles documentación sobre as distintas partes do libro ( lapela, cuberta, e contracuberta, prólogo...) para conseguir información adicional: edicións, sinopse, ilustracións, bibliografía...
Fixérono realmente ben. Parabéns!  


   






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas