30.4.18

Exposición: do lápis ao móbil.



Achegámosvos unha iniciativa que o alumnado de 3º da Eso ofreceu nunha exposición a semana pasada.
Despois de se enfrontar á realización do debuxo do natural onde traballaron a proporcionalidade, volume e movemento, crearon unha secuencia que trasladaron ao formato gif mediante unha das múltiples aplicacións que existen. A continuación crearon os códigos QR, asociados á páxina onde os gifs estaban aloxados.

Desta forma, atopamos unhas imaxes fixas que, con só escanar o seu código, convertemos en movemento.






Neste enlace podemos ver a seguinte secuencia en movemento.
 

Estoutro neste enlace 






Por suposto, invitaron a outros cursos a pasar por alí.




Deixámosvos o resto dos códigos QR por se vos animades a ver o resto dos gifs.





























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas