En primaria, outro curso máis , realizamos o Xogo de Pistas; nesta ocasión
os participantes foron 5º e 6º.
Fixemos equipos, e a cada un démoslle unha tarxeta con pistas que os levarían a
localizar o primeiro libro, no que a súa vez deberían buscar a información para
responder a unha pregunta. Dentro do volume atoparon outra tarxeta que os
conduciría á seguinte procura e información.
E así continuamos de obra en obra ata completar cinco.
Rematamos a actividade cubrindo unha ficha con datos extraídos do último
libro.
A rapazada pasouno realmente ben. Tanto, que lles gustaría realizar a
actividade varias veces no curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario