13.12.18

Samaín II

Ampliamos con esta entrada todo o acontecido na semana do Samaín, celebrado no mes de novembro. O alumnado de Secundaria explicou os diversos traballos realizados.
Comezamos coas investigacións sobre plantas e fungos tóxicos; as súas propiedades, usos...


Seguimos cunha representación  onde se presentaban, en inglés, recoñecidos personaxes da literatura do 2horror fiction"




O alumnado de Cultura Clásica creou un photocall para narrar varios episodios mitolóxicos.



Desde a materia de Galego deixámosvos uns epitafios aos que merece a pena botar unha ollada. Curiosos como a vida destes personaxes.




 


A morte... moita graza non ten, pero nos decidimos xogar con ela.  A ver se es quen de relacionar os refráns e o seu significado.


Traballos sobre cemiterios e receitas desde o Departamento de Francés.


  
O departamento de Música preparou unha performance musical que aterrou a todos os presentes.


Outro traballo consistiu en incluir iconografía da morte en pinturas da Historia da Arte.



Mostráronse as calacas mexicanas esculpidas e pintadas polo alumnado de cuarto.


E tamén as máscaras realizadas por primeiro.




Nesa mesma semana entregáronse os premios do concurso de cabazas.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas