1.2.19

CHARLA COLOQUIO DAS ENTIDADES ONCE, DOWN e CAPACES



Dentro do proxecto de atención á diversidade que se está traballando no centro, tivemos o gusto de contar coa colaboración de estas tres entidades para que os rapaces e rapazas poidesen ter un maior coñecemento sobre as persoas con deficiencia visual, síndrome de down e trastornos do espectro autista, así como a importancia de que poidan levar a cabo unha vida o mais autónoma e normalizada posible en tódolos ámbitos, ofrecéndolles tódolos recursos que estén ó noso alcance, e comezando por ver a diversidade como un elemento enriquecedor e non como un problema.
Axudemos a crear un mundo mellor!!! Onde teñan cabida actitudes de empatía e respeto polas diferencias.
Gracias a todos os alumnos e alumnas pola súa atención e consideración cara as poñentes! Estamos moi orgullos@s de vos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas