31.5.19

Música e traxe tradicional coa Asociación Antonio Gandoi





O pasado día 15, con motivo da celebración das Letras Galegas a Asociación Antonio Gandoy ofreceunos na biblioteca o seu espectáculo “ O son que me arroupa”.
A través da música tradicional, canto e teatro o alumnado puido achegarse  ás distintas clases e elementos do traxe tradicional galego, aos tecidos empregados e procesos de elaboración. Dunha forma amena e divertida tamén aprendemos  os diversos utensilios necesarios para a súa elaboración, así como outras curiosidades no deseño da costura, bordados dos abelorios  e simboloxías das cores.
Quedamos encantados  con este conto tan ben “fiado”.























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas