Dentro
do proxecto Encontros
Interxeneracionais
que promove o Departamento
de Orientación,
o traballador social Paco Novo e o coordinador do grupo de
voluntariado UDP de Lugo Longines Lobato, participaron
nunha sesión
formativa sobre “idadismo”
con todo o alumnado da ESO, resultando
moi motivadora e onde mantiveron o máximo interese durante
toda a sesión.
O
obxectivo de dita formación era desterrar
mitos e estereotipos sobre as persoas maiores,
que moitas veces se ven como un colectivo que arrastra o peso da
pasividade, a apatía e o non querer facer.
A
través dunha estrutura de xogos e coa participación activa do
alumnado, traballouse a liberación de prexuízos
que levan a entender a vellez como algo negativo.
A
UDP, que ven traballando ultimamente
nunha
sección de “microidadismos”
a través da súa páxina web,
animou ós rapaces e rapazas a participar nela, no caso de que
presenciasen algún tipo de discriminación cara as persoas maiores
no seu día a día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario