11.12.19

Club de lectura


Un curso máis damos a benvida aos rapaces e rapazas  que forman parte do  noso Club de Lectura. Seguro que será unha boa experiencia para todos nós!





Que teñen en común Casamance, unha rexión ao sur do   Senegal, e a reserva india de  Spokane, situada  cerca de Wallpint (Washington)? Pois, entre outros  aspectos, que son dúas culturas e   dous lugares pouco coñecidos para a maioría de nós. Tamén que  nestes espazos é onde se desenvolve toda ou parte da historia dos libros que eliximos para comezar o noso Club de Lectura este curso:  Lúa do Senegal de Agústín Fernández Paz (2º da ESO) e Diario completamente verídico de un indio a tiempo parcial de Sherman Alexie (3º e 4º da ESO).

Non dubidamos que cando poñamos en común as nosas lecturas serán moitas outras as coincidencias que atoparemos.  

            Polo que respecta á rapazada de  1º da ESO esta temporada abre os armarios con precaución. Por que? Para sabelo ides ter que ler  Os imaxinarios de A.F.Harrold, como están facendo eles.
           Non queremos deixar de mencionar as ilustradoras destas obras.  Son, respectivamente: María Seoane, Ellen Forney e Emily Gravett.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas