11.12.19

Colaboradores e mochilas




Comezamos no mes de outubro os labores propios de biblioteca; rexistro de cantidade de novos fondos que presentaremos en entradas posteriores, préstamos ao alumnado, sesións de proxeccións de curtametraxes...
Outro ano máis contamos con alumnado colaborador que traballa todos os recreos para que a biblioteca funcione a pleno rendemento e garanten un bo clima ademais dun uso responsable das instalacións e recursos.




Tamén botamos a andar as “mochilas viaxeiras”, cheas de libros para os distintos cursos de infantil e primaria. Renovámolas este curso para satisfacer, esperamos, os gustos de alumnado e familias. Foron entregadas nas aulas correspondentes para así expoñer o seu contido e animar a expresarse no “caderno chimpín”.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas