12.12.19

Diálogos interxeneracionais


O CPI Dr. López Suárez embarcouse nun proxecto que navega nun mar de voces a través 
 de diálogos interxeneracionais.
O CPI en estreita colaboración co Servizo de Prevención do Concello de Friol, conta coa colaboración dun nutrido grupo de mulleres maiores da zona que se prestaron voluntariamente a participar no proxecto interxeneracional.
O pasado xoves 21 de novembro, este animoso grupo de mulleres maiores dialogaron fluidamente co alumnado de 3º ESO que asombrados escoitaron atentamente as vivencias sobre as formas de ocio das que desfIrutaban as señoras na súa mocidade.
Ese mesmo día, a aula de 4º da ESO recibiu a visita de  José Mª Díaz Piñeiro, mestre xubilado, que a través dun relato cargado de curiosidades e anécdotas que fixeron en ocasións estremecer e noutras moitas rir aos mozos e mozas de 4º, expuxo como era a escola no rural na época da súa infancia. A sesión foi tan intensa tanto  a nivel descritivo como emocional, que o mestre repetiría o seguinte xoves a sesión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas