Con
moita expectación reunímonos na biblioteca para asistir ás
proxeccións das curtas realizadas polo alumnado de 2º da Eso. Xa sabiamos algo sobre o guión, vestiario, maquillaxe, localizacións,
ensaios e perfeccionamento do inglés, músicas creadas por 3º da
Eso... Mais, o resultado era o que desexabamos.
Comeza.... o "I Premio de Curtas de Terror en Inglés"
Os
aplausos foron os protagonistas e na intensidade e duración destes baseáronse os criterios para
facer entrega das figuras, nese momento, bautizadas como “Samaínos”.
And the winner is ?
"One month later" para o mellor guión.
"Deadly mafia" para mellor vestiario e maquillaxe.
Tamén ao mellor interprete para Juan Caloto como Pennywise.
E para concluír, o merecido premio ao traballo de montaxe para o noso compañeiro Iván. Ben sabe que ten que compartilo con Marta, orixe desta movida!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario