16.10.20

“Halloween writing contest”

 

O Departamento de Inglés de Secundaria ten aberto o prazo para a participación no “Halloween writing contest”, un concurso de relatos de medo en inglés. Para participar o alumnado deberá seguir as instrucións dadas polas profesoras de inglés na aula e entregar, en formato dixital, os relatos antes do 30 de outubro no seguinte enderezo: teacherlauravarela@gmail.com . O asunto do enderezo electrónico será “Halloween writing contest + curso”.

 

As dúas historias máis terroríficas de cada curso e cuxas presentacións máis sorprendan ó xurado gañarán un cheque regalo para adquirir material escolar.

 Animádevos a participar que estamos desexando ler as vosas historias e pasar un rato arrepiante.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas