26.3.21

Congreso da célula

 


Preséntovos un vídeo realizado polo alumnado de 3º da ESO para a materia de Bioloxía que  ten como tema a celebración dun congreso científico relacionado coa célula.

En primeiro lugar fixemos un proxecto entre todos, logo dividímonos en varios grupos e, a continuación,  os membros de cada equipo levamos a cabo distintas tarefas: presentación da célula, elaboración de maquetas da mesma e realización dun cuestionario sobre o tema, que posteriormente lles pasamos aos demais compañeiros e compañeiras para que contestaran. 

A presentación do congreso correu a cargo de Javier. O resto do grupo, caracterizados de científicos e científicas, realizamos a exposición de cada un dos nosos traballos seguindo un guión que elaboraramos previamente.

A actividade gustoume  xa que realizar un proxecto resulta motivador e a posta en escena foi divertida.


Michael López Santos, 3º ESO



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas