5.5.21

Club de lectura

 

 





Cara finais da segunda avaliación os integrantes do Club de Lectura de 1º ciclo da ESO lemos a novela gráfica Dune, de Frank Herbert. Pero daquela, debido aos exames e outras actividades, non tivemos tempo para comentala polo miúdo, e  fixémolo á volta das vacacións de  Semana Santa.

Non queremos deixar de  compartir o argumento e facer mención aos temas que nos levou a  debater para animarvos a que a leades. Merece a pena.

 

DUNE

 Nun planeta desértico onde a auga é o ben máis  prezado  un adolescente, con estraños poderes e marcado cun destino singular, terá que facer fronte ás intrigas que rodean ao imperio galáctico.

Esta novela comeza nun futuro moi  afastado, nun imperio feudal controlado por familias nobres, algo que seguro lle soa  ao alumnado da súa clase de xeografía e historia…

Ler sobre un futuro sen auga  levounos a recapacitar seriamente  sobre a importancia de palabras tan actuais como ecoloxismo ou cambio climático.

 

Polo que respecta á terceira avaliación o alumnado de 1ª ciclo imos intentar sobrevivir nun mundo zombi acompañando ao protagonista do libro Apocalipse Z,  de Manel Loureiro.

As alumnas de 2º ciclo, por suxestión de Mencía,  estamos a ler Eleanor y Park de Rainbow Rowell. E xa nos está fascinando a personalidade da protagonista.

 


 

Posteriormente leremos  unha selección de poemas  das obras moda galega e moda galega reloaded da escritora lucense   María Reimóndez.

 


 

 
 
 
Para a presentación das obras temos a sorte de contar con Lucía  e  Mencía (de 2º e 3º da ESO). Ademais contribuíron a conformar o contido desta entrada coas súas achegas.

 

APOCALIPSE  Z

 

Os camiños polos que chegamos a unha lectura son moi diversos. Neste caso xurdiu a raíz de traballar a crónica periodística na materia de lingua.  Analizouse un texto   no que se explicaba como Manel Loureiro comezou nun blog a súa andadura de escritor e foi “descuberto” por unha editorial.  A partir dese momento o seu recoñecemento como autor de obras de terror e ciencia ficción non se fixo esperar. 

Como apuntou Lucía na presentación da obra,  todo comezou no 2005 cando decide contar no blog “Mundocadáver” a historia dunha apocalipse zombi. O protagonista, un avogado anónimo, narra como a humanidade se atopa nunha situación de caos provocada por esta situación.

 

E todo isto desde Galicia. Porque como el mesmo di: “ non hai que nacer en Nova York, os Ánxeles ou Maine para contar historias que cheguen a todo  o mundo”. 

Razóns suficientes para sentísemos o desexo de ler un dos seus libros.




 

No seguinte texto Mencía plasma as ideas principais que desenvolveu na presentación da obra Eleonor y Park.

 

 ELEANOR Y PARK

 Eleanor y Park es una novela que se basa en dos adolescentes que  no son   perfectos. Se ubica en los Estados Unidos de América y rompe con todos los estereotipos de las familias idílicas  que se ven en las películas.

Este libro trata de cómo un chico, Park, y una chica, Eleanor, que están lejos de ser personas populares, se empiezan a conocer poco a poco y  gracias a eso sus vidas cambian y evolucionan.

Personajes

Eleanor

Es una adolescente recién llegada al instituto que no se acerca a los cánones de belleza impuestos, y es por eso por lo que la gente  se burla mucho de ella. Pero no se  deja influenciar y sigue su vida con una fuerza y madurez psicológica envidiables.

Park

Es un chico con una familia que lo intenta apoyar, aunque  a veces   no es comprendido  debido su  masculinidad aparentemente frágil. Pero posee un carácter muy  decidido en cuanto se plantea una cosa.

 

Opinión

Este libro me ha parecido una historia rompedora, tanto por el carácter de los personajes  como porque  incide en mostrar  el modo en que viven las familias con menos recursos y también en que el dinero no te da toda la felicidad.

Creo que la autora  da su opinión de una forma casi imperceptible sobre la pobreza y el maltrato, tanto el físico como el psicológico.  Así mismo   proporciona una  visión de una sociedad  racista. Con la madre de Park el racismo sigue ahí, aunque casi como una cosa ya integrada en el día a día, que no hace pensar a nadie y que casi pasa desapercibida.

Recomendaría este libro a la gente que quiera  huir  de la idea de que el mundo es perfecto y  desee introducirse  en algo más realista.

La autora

La autora es Rainbow Rowell, una mujer de 48 años que escribe novelas románticas juveniles como esta y Fangirl. Pero también  obras   dirigidas a un público adulto. Ella menciona que le gusta mucho escribir sobre ciencia ficción y vampiros.”


 Sobre estes personaxes deixámosvos unha
  Canción   de David Rees.

 

 

 


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas