26.11.21

Visita a Coruña

 

O pasado día 17 de novembro o alumnado de 3º e 4º da Eso fixo unha visita á cidade da Coruña. Na primeira parada achegámonos á Fundación Barrié de la Maza onde da man do responsable de didáctica, percorremos a exposición titulada “Humano, más humano”. No inicio vimos pinturas neoexpresionistas de gran formato dos anos 80, nas que o centro de interese é a figura humana. Como contrapunto, na segunda sala descubrimos obras de formatos, disciplinas e técnicas diferentes creadas no século XX. Aproveitamos para participar nun pequeno obradoiro no que tiñamos que reflexionar sobre os rituais que o humano adopta cando perde a súa individualidade e pasa a ser unha engrenaxe máis dun  determinado grupo con identidade propia, co que isto conleva de catarse colectiva.

Humano, más humano': una muestra para ir «más adentro» de las personas 

 


Deixamos o enlace por se vos interesa a visita.

Unha vez terminado demos un paseo ata a praza de Lugo, onde puidemos contemplar un par de construcións modernistas. Centrámonos no edificio Arambillet, de desbordante decoración e  inluencias da pintura prerrafaelista. De aí os rostros femininos baseados en Elizabeth Seadel.


Se queredes facer unha ruta modernista pola cidade igual vos pode axudar este enlace.

 

O centro Ágora foi a seguinte visita. A súa fantástica arquitectura funcionalista ofreceu un espazo idóneo para que o alumnado se enfrontara a unha serie de retos de programación e robótica, que superou de xeito máis que satisfactorio.  Agradecemos á asociación Igaciencia  estas iniciativas tan lúdicas e proveitosas.

 


Para saber sobre esta arquitectura... enlace

E como non, dirixímonos a Marineda City a xantar e dar unha volta por esas superficies consideradas as “novas catedrais” 

Igual o alumnado nos dá unha sorpresiña e temos que continuar esta entrada cunha proposta sobre os espazos de consumo.


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas