21.12.21

NOVOS POLIEDROS II

   

O pasado venres día 10 o alumnado de 4º da Eso asistiu á entrega dos premios “Novos Poliedros” e xa que nos diriximos a Santiago aproveitamos a viaxe para facer un par de visitas. A primeira foi ao Panteón dos Galegos Ilustres situado na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval.

Inmediatamente despois internámonos no deseño máis actual  grazas a exposición que o centro de arte contemporáneo ofrece, titulada “From Spain With Desing, Identidade e territorio”. No segundo andar seguimos coa exposición colectiva que co título “Camiño II” achegounos a distintas visións sobre o que supón a vivencia de andar, vagar e peregrinar.

 


Axustados de tempo dirixímonos a entrega de premios. Alí reunímonos  co alumnado e profesorado de outros centros para compartir os nosos poliedros e explicar os diferentes procesos de realización. Marchamos con varios agasallos: uns libros, diploma e cen eurillos que serán invertidos na viaxe de fin de curso.







 

Despois do xantar agrupámonos na Praza do Obradoiro para iniciar unha andaina comentada ao redor da Catedral.  



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas