26.6.22

Discosmos

 

Discosmos é un vídeo para botar unhas risas, si!

Tamén cremos que é unha clase de química.


Nel, asistimos a unha sesión discotequeira onde algúns elementos da táboa periódica interactúan entre eles para causar diversas reaccións.

O alumnado de 3º da Eso meteuse no papel. Tivo que seguir as pautas inscritas no seu Dni, para exteriorizar as súas características mediante un vestiario e unha coreografía inspiradas no ballet triadico deseñado por Oskar Schlemer na escola de la Bauhaus.


Hai que dar as grazas ao traballo do alumnado de 4º da Eso, que proxectou os seus deseños de redes modulares sobre as paredes do escenario e colaborou na gravación e iluminación.

Involucráronse tamén cantidade de profesoras , ademais do ferroporteiro, para dar saída a esta actividade na que nos sentimos moi satisfeitos por emprender.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas