11.4.23

Club de lectura

A lectura do relato de León Tolstói  ¿Cuanta tierra necesita un hombre? levounos a reflexionar sobre se na sociedade na que nos tocou vivir aínda é determinante a cantidade de terreo que se posúe para marcar o noso estatus social.


Tamén, e  sendo conscientes de que existen outras realidades, pero centrándonos na nosa cada vez máis “urbanita”, preguntámonos ata que punto é determinante no noso desenvolvemento social e persoal o espazo co que contamos nas nosas vivendas, a calidade das mesmas e o lugar no que se atopan.

     Así pois, decidimos realizar  un achegamento  aos  datos do mercado inmobiliario  de certas cidades é analizar os pros e os contras que, desde o noso punto de vista, atopamos para establecernos en cada unha delas.

       E se a oferta do lugar non  nos seduce a ver que nos contan os escudos.

     

O Departamento de Matemáticas  propuxo achar as áreas de diferentes polígonos para comprobar que as distintas formas medían un m2.

Esta actividade realizouse ao longo do corredor.

    


 


 

E a cousa non quedou aquí.

Continuará…














No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas