15.12.25

CLUB DE LECTURA: BOAS FESTAS E FELICES LECTURAS

Estamos a piques de irnos de vacacións! E para estes días familia, amizades, visitas e libros son, coma sempre, unha inmellorable compañía.

Esta semana reunímonos e o tempo non nos chegou a nada...

Comezamos  realizando un achegamento á lectura elixida para segundo ciclo que xa acordaramos  nunha anterior xuntanza. A suxestión veu de man  de Hugo e Noemí, os que, cando se pediu que o alumnado  elixise unha historia  que  todos deberiamos ler,  non  dubidaron e  exclamaron: Invisible

Entrambos realizaron a presentación do autor e a obra, ademais de compartir con nós as súas sensacións durante a lectura.

Leron as breves liñas que recolle a contraportada. Deron xa para reflexionar...

                                    "¿Quién no ha deseado alguna vez 

                                                    ser invisible?

                                   ¿Quién no ha deseado alguna vez

                                                    dejar de serlo? 

 


 

Despois retomamos unha actividade  xa iniciada noutra sesión  na que  compartiramos  as nosas opinións sobre a obra Iridium.

A valoración que fixeramos fora positiva e mesmo houbo quen  sinalou como aspecto negativo que a lectura era demasiado curta

Reflexionouse sobre as dificultades coas que se atopan no seu día a día as persoas con diversidade funcional, neste caso DCA (dano cerebral adquirido), tanto no aspecto físico e mental  como  no momento de retomar  vellas relacións ou entablar outras novas.

Valoramos os comportamentos  daqueles que rodean a protagonista e fomos conscientes de que tamén nós, mesmo coa mellor das intencións, podemos actuar baseándonos en  estereotipos e tratando de xeito uniforme a persoas que, como non pode ser doutro xeito, seguen tendo a súa propia individualidade. 

Aconsellamos ver algunha das intervencións de Inés Rodríguez, unha rapaza  con parálise cerebral que traballa como logopedista, é divulgadora e que ten unha sección no programa "El Intermedio".

 

Durante a lectura fóronse apuntando frases ou ideas da historia que nos gustaron ou deron que pensar.

Recompiláronse, e Susana  López realizou unha presentación  acorde coas festas que  están á volta da esquina e coa que queremos desexarvos un moi bo Nadal.





E  se ben estamos de acordo coa última  reflexión non queremos irnos sen propoñer outras lecturas.

 

Verónica, antiga alumna do noso centro e coa que temos a sorte  de contar entre nós como docente durante unha temporada, acompañounos nesta actividade  e comentounos as súas experiencias como lectora e tamén cal foi a obra que na súa adolescencia contribuíu a introducila no mundo da literatura. 

Graciñas.


Vémonos o próximo ano!

 E nunca perdades a ilusión...



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas