26.6.26

CLUB DE LECTURA. BOAS VACACIÓNS E BOAS LECTURAS!


ENCETANDO LIBROS

Por segundo ano consecutivo  realizamos gravacións das primeiras páxinas dunha boa parte dos libros que se leron no  Club de Lectura de 2º ciclo.
Esperamos lograr o noso propósito: espertar o voso interese e que os desfrutedes tanto coma nós.






HISTORIAS PARA TODAS E TODOS

Unha vez máis seleccionamos unha lectura que puidera ser do interese tanto dos integrantes do Club de Lectura de Adultos como dos rapaces de segundo ciclo. Neste caso optouse pola divertida e educativa obra de Jöel Dicker, La muy catastrófica visita al zoo, que foi lida tamén por parte do alumnado.



Por suxestión dunha alumna pechamos a andaina do noso club ata o vindeiro curso cunha reflexión extraída  deste libro. Esperemos que vos guste tanto como a nós.


En el fondo, las personas son como las estrellas: tienes que mirarlas atentamente

 para darte cuenta de lo mucho que brillan.


Moi  feliz verán!





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas